O legado de Sesé: un home que loita pola igualdade

Joshua ten 29 anos e é orfo da violencia de xénero, pero é moito máis e está a demostralo neste centro educativo, no que estuda o ciclo de Promoción da Igualdade. Esa conciencia é parte do legado que lle deixou súa nai.
Noticia

Medios de comunicación

Últimas noticias

A poeta Sesé Mateo entra no Álbum de Galicia do Consello da Cultura

«María José Mateo, Sesé, é a proba do poder combativo da poesía». Así comeza Sonia Díaz Pereiro a entrada no Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega sobre Sesé Mateo, unha incorporación que chega na véspera do Día internacional da eliminación da violencia contra a muller a esta colección dixital de biografías para non esquecer as persoas que contribuíron de maneira significativa á sociedade galega.