A familia e amigos da falecida «Sesé» Mateo preparan un libro cos seus textos e poemas

O libro, titulado «No camiño do vent»o, sairá do prelo a finais de febreiro, coincidindo co 2º aniversario do seu pasamento e pódese mercar previamente -antes do 31 de marzo- facendo unha doazón de 10euros á Fundación Mujeres, que adicará o recadado a axudar a nenos e nenas orfos pola violencia machista a través do Fondo de Becas Soledad Cazorla Prieto. O proxecto é unha autoedición dos fillos e fillas de Sesé Mateo e dos seus familiares e amigos e amigas, polo que agradecen que os encargos se fagan, na medida do posible, en grupo.


enlace noticia