No camiño do vento

Un libro de Sesé Mateo García
No camiño do vento en plena naturaleza, monte y playa.

Un libro que loita dende o cariño, o amor e a memoria.

No camiño do vento é un proxecto editorial e colectivo nacido no ano 2019 coa vontade de preservar, compartir e dignificar a voz de Sesé Mateo García, vítima da violencia de xénero.

O libro recolle unha selección de poemas, textos e ilustracións creados por Sesé ao longo da súa vida, e inclúe tamén unha análise crítica sobre o tratamento mediático do seu asasinato, poñendo o foco na responsabilidade social dos medios de comunicación.

Trátase dun libro que non só lembra, senón que denuncia, acompaña e transforma a dor en compromiso colectivo.

Unha autoedición impulsada polos fillos e fillas de Sesé Mateo, coa colaboración da familia, amizades e dun grupo de mulleres comprometidas coa cultura, o feminismo e a memoria: Míriam Ferradáns, Helena Torres, Olga Nogueira, Sonia Díaz, Anxos Sumai, Carme Vidal e María Montes.

O proxecto acabou converténdose nunha iniciativa solidaria a favor do Fondo de Becas Soledad Cazorla, da Fundación Mujeres.

Impacto social do libro

Baixo a coordinación de Joshua Alonso Mateo, responsable do proxecto:

  • Vendéronse máis de 1.600 exemplares

  • Recaudáronse máis de 15.000 €

  • O 100 % da recadación foi doada integramente ao
    Fondo de Becas Soledad Cazorla (Fundación Mujeres)

Estas bolsas están destinadas a nenas e nenos orfos pola violencia machista, contribuíndo a:

  • Apoio psicolóxico

  • Apoio educativo

  • Actividades de reforzo escolar

  • Estudos universitarios

  • Formación profesional para maiores de idade

Estado actual do libro

Non quedan exemplares dispoñibles para a venda.

Datos da publicación

  • 1ª edición: febreiro de 2019

  • ISBN: 978-84-09-08738-9

  • Depósito legal: VG 62-2019

Ficha técnica

  • Revisión literaria
    Míriam Ferradáns

  • Edición
    Olga Nogueira e Helena Torres

  • Colaboración
    Sonia Díaz, Anxos Sumai e Carme Vidal

  • Maquetación
    María Montes

  • Impresión
    Lugami Artes Gráficas

Este libro non sería posible sen o traballo de arquivo, memoria e coidado da familia, así como das amigas e amigos de Sesé Mateo.

Colectivos que apoiaron este proxecto.

Asamblea Feminista Paxaretas

Asamblea Feminista Paxaretas

Fundación Mujeres

Fundación Mujeres

IES Chapela

IES Chapela

Grupo de Apoio a Familia Mateo

Grupo de Apoio a Familia Mateo

Persoas que apoiaron este proxecto.

Miriam Ferradáns

Poeta, columnista e profesora

Realiza a revisión literaria dos textos e poemas de Sesé Mateo, e achega unha reflexión persoal sobre o seu traballo creativo.

Ana Belén Puñal Rama

Xornalista e investigadora en Comunicación e Xénero

Elabora a análise sobre o tratamento mediático do asasinato de Sesé Mateo.

Helena Torres

Coordinación da edición

Traballa coa familia na biografía e na recompilación de textos, poemas e dedicatorias.

Olga Nogueira

Coordinación da edición

Traballa coa familia na biografía e na recompilación de textos, poemas e dedicatorias.

Sonia Díaz

Comunicación e xornalismo

Responsable da difusión do proxecto e da súa presenza nos principais medios de comunicación.

Anxos Suma

Documentalista, tradutora e escritora galega

Colaboración no traballo editorial do libro No camiño do vento.

María Montes

Bióloga, Máster en Biotecnoloxía e ilustradora

Responsable da maquetación do libro.

Carme Vidal

Filóloga e xornalista

Colaboración no traballo editorial do libro No camiño do vento.

Fundacion Mujeres
Fondo Becas Soledad Cazorla

Fondo de Becas Soledad Cazorla

Coñece máis sobre o Fondo de Becas Soledad Cazorla, un proxecto que garante apoio integral ás fillas e fillos das mulleres asasinadas por violencia machista.

Vídeos do proxecto

Presentación do libro No camiño do vento

Un vídeo que resume un acto cheo de amor, coidado e tenrura. Así foi a primeira presentación do libro homenaxe a Sesé Mateo.

Clausura do proxecto No camiño do vento en Redondela

Un evento no que se repasou toda a traxectoria do proxecto, desde a publicación do libro ata marzo de 2020.

ÚLTIMAS NOVAS

Redes sociais

ContactO

Email

sese@sesemateo.es