Premio Sesé Mateo
de Xornalismo Ético no tratamento da violencia machista
Uns premios contra as violencias machistas
A figura de Sesé Mateo inspira á Familia Mateo e ao Concello de Redondela a crear estes premios, que buscan un cambio real na forma de comunicar a violencia de xénero: desde un enfoque crítico, responsable e comprometido coa sociedade.
Aínda queda moito por mellorar no ámbito xornalístico respecto ao tratamento da violencia, especialmente no que atinxe ás violencias exercidas contra as mulleres e a infancia.
Por iso, estes premios recoñecen ás e aos profesionais da comunicación que realizan un tratamento ético, rigoroso e con perspectiva de xénero da violencia machista.
Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético
Por que este premio?
A quen vai dirixido?
Documentación
I Edición do Premio Sesé Mateo
Patricia Costa Grande – 1ª galardoada
Con unha reportaxe que analiza os protocolos policiais empregados para medir o risco das superviventes de violencia de xénero e ata que punto estas ferramentas resultan eficaces na súa protección. O traballo examina o control exercido sobre o agresor e o funcionamento do sistema VioGén, creado no ano 2007.
📌 Reportaxe gañador: VioGén, ¿Qué está fallando?
Un traballo que, con perspectiva de xénero e ética xornalística, aborda un tema especialmente sensible como é a protección das mulleres fronte ás violencias machistas.
Patricia Costa Grande
(Redondela, Pontevedra · 1981)Doutora en Comunicación pola Universidade de Vigo, Máster en Radio pola Universidade Complutense de Madrid e Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola UVigo. Desenvolveu gran parte da súa traxectoria profesional no ámbito radiofónico e suma máis de 17 anos de experiencia vinculada a Radio Nacional de España.
Os seus traballos xornalísticos recibiron numerosos recoñecementos, entre eles varios Premios Tiflos da ONCE (2013 e 2018), o Premio de Xornalismo Novo sobre Violencia de Xénero do Injuve (2013), o I Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no tratamento da Violencia Machista (2021), o VII Premio de Xornalismo contra a Violencia de Xénero da Fundación Aliados (2022) e o recoñecemento Francisquita, outorgado pola Asociación Francisca de Pedraza no ano 2023.
II Edición do Premio Sesé Mateo
Cristina García López – 2ª galardoada
Recoñecida polo capítulo Mentres dormes do podcast Superando a ficción, unha peza de carácter profundamente persoal que aborda as violacións por submisión química. A autora contextualiza esta forma de violencia machista a través da experiencia da directora británica Michaela Coel, poñendo o foco na súa invisibilización histórica.
📌 Capítulo premiado: Mentres dormes – Podcast Superando a ficción
Un traballo que comunica con rigor e sensibilidade unha realidade pouco nomeada, contribuíndo á concienciación social e ao avance dunha narrativa responsable nos medios.
Cristina García López
(Ourense · 1977)
Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade de Santiago de Compostela, é unha xornalista galega cunha traxectoria consolidada no medio audiovisual e radiofónico. Iniciou a súa carreira profesional na TVG no ano 2000 no programa conducido por Ana Kiro e presentou durante oito tempadas o espazo A tarde na Radio Galega.
Actualmente é coordinadora de diversos formatos na mesma emisora e presentadora, xunto a Kiko Novoa e Marcos Pereiro, do programa Galicia por Diante. A súa carreira destaca pola súa capacidade para comunicar con rigor e proximidade temas sociais de gran impacto, sempre co compromiso ético que caracteriza a súa práctica xornalística.
III Edición do Premio Sesé Mateo
Ana G. Liste – 3ª galardoada
Galardoada por un traballo que denuncia a falta de recursos e os fallos do sistema de protección ás vítimas de violencia machista, poñendo especial atención ao seguimento policial e aos dispositivos de control telemático. O xurado destacou a forza dos testemuños e o enfoque humano da reportaxe.
📌 Artigo premiado:
A orde de afastamento sen pulseira non vale: a vida das 151 mulleres no seguimento por violencia machista en Galicia
Unha peza que visibiliza as carencias estruturais do sistema e sitúa no centro as voces das mulleres superviventes.
Ana G. Liste
(Vigo · 1990)
Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, conta cun Máster pola Universitat de Barcelona e pola Columbia Journalism School. Iniciou a súa traxectoria na radio e no xornal universitarios da Facultade de Ciencias da Información e pertence á asociación Xornalistas Galegas.
Ao longo da súa carreira profesional traballou en medios como Faro de Vigo, El País (redacción de Barcelona), a axencia Europa Press, a revista de cultura galega Inorantes e o xornal Nós Diario. Colabora habitualmente con Luzes, La Marea e VINTE, e na actualidade desenvolve o seu labor xornalístico en Praza Pública. Forma parte da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
IV Edición do Premio Sesé Mateo
Macarena Baena e Laura de Grado – 4ª galardoadas
Recoñecidas polo artigo Desprotegidas. A realidade das mulleres migrantes vítimas de violencia de xénero en España, unha investigación que dá voz a mulleres migrantes en situación administrativa irregular, abordando a violencia machista desde unha perspectiva interseccional.
📌 Artigo premiado: Desprotegidas. La realidad de las mujeres migrantes víctimas de violencia de género en España
Un traballo de efeminista.com que destaca polo respecto, a profundidade e o compromiso ético, facendo visibles realidades frecuentemente silenciadas nos medios de comunicación.
Macarena Baena
Xornalista especializada en feminismo e violencias machistas. Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, desenvolveu máis de tres décadas de traxectoria profesional na Axencia EFE, onde desde 2020 dirixe Efeminista, o proxecto multimedia de igualdade da axencia, centrado na defensa dos dereitos humanos de mulleres e nenas e na loita contra as violencias machistas.
Entre 2011 e 2019 traballou na sección de Sociedade, coordinando información sobre sanidade, educación, medios de comunicación e asuntos sociais, con especial atención ás cuestións relacionadas coa muller e a igualdade. Ao longo da súa carreira recibiu numerosos recoñecementos polo seu compromiso cun xornalismo con perspectiva de xénero.
Laura de Grado
(Burgos · 1996)Xornalista especializada en dereitos humanos, perspectiva de xénero e migracións. Forma parte da redacción de Efeminista, o proxecto multimedia de igualdade da Axencia EFE, onde aborda as diversas manifestacións da violencia machista e outras cuestións sociais desde unha perspectiva informativa, pedagóxica e accesible. É tamén coautora dunha Guía de comunicación feminista que serve de ferramenta para mediar con rigor e ética en discursos e contidos comunicativos.
O seu traballo recibiu recoñecementos por proxectar valores civís, sociais e de igualdade no xornalismo, entre eles o IV Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético (2024), que compartiu con Macarena Baena, polo reportaxe Desprotegidas. A realidade de las mujeres migrantes víctimas de violencia de género en España, un traballo multimedia que combina textos, fotos e infografías para visibilizar a vulnerabilidade das mulleres superviventes.
V Edición do Premio Sesé Mateo
Cláudia Morán, Marta Veiga y Marta Otero – 5ª galardoadas
Galardoadas por unha reportaxe que analiza a violencia machista desde unha perspectiva estrutural, poñendo o foco na cultura da violación e no impacto físico, psicolóxico e social destas violencias sobre as mulleres. A peza reúne diferentes testemuños e cuestiona os discursos que normalizan a violencia sexual.
📌 Reportaxe gañador: Todas as veces que foron un non
Un traballo publicado en Luzes que destaca polo seu rigor, sensibilidade e clara perspectiva de xénero, contribuíndo á reflexión social e ao cambio de mirada desde os medios.
Cláudia Morán
(A Coruña · 1990)Xornalista e comunicadora. Compaxina o seu traballo en comunicación corporativa con colaboracións en medios como Nós Diario, O Salto Galiza, La Marea e a Revista Luzes. Iniciou a súa traxectoria profesional nas ondas en COPE Barcelona e Radio Coruña–Cadena SER e, en prensa escrita, na delegación da Axencia EFE en Bruxelas e en La Voz de Galicia.
Forma parte do colectivo Xornalistas Galegas, que traballa pola defensa dun xornalismo con perspectiva de xénero, así como do proxecto multiplataforma Habitar o baleiro, centrado na reflexión crítica e cultural desde diferentes formatos comunicativos.
Marta Veiga
(Cantabria · 1978)Doutora en Estudos Culturais, licenciada en Xornalismo e máster en Servizos Culturais pola Universidade de Santiago de Compostela. É profesora no Departamento de Ciencias da Comunicación do Campus de Lugo da USC e conta con máis de 25 anos de experiencia como xornalista en medios como El Progreso, Luzes, Diario de Pontevedra e, desde 2019, como freelance.
A súa investigación céntrase na pervivencia das culturas tradicionais e campesiñas nas narrativas da contemporaneidade. Desde 2019 encárgase tamén das tarefas de divulgación e comunicación do grupo de Innovación Docente XuvenCiencia do Campus de Lugo da USC.
Marta Otero
(A Coruña · 1997)Graduada en Xornalismo, desenvolve a súa actividade profesional no diario La Opinión de A Coruña, nas seccións de local e cultura, con especial interese no xornalismo social e nos procesos de rexeneración urbana.
É integrante do Comité de Redacción da Revista Luzes e colaboradora de Radio Coruña–Cadena SER, onde participa na análise e divulgación de contidos de actualidade desde unha perspectiva crítica e social.
ÚLTIMAS NOVAS
El reportaje «Todas as veces que foron un non» gana el Premio Sesé Mateo
NOTAS DE PRENSA y ENTREVISTASNOTAS DE PRENSA y ENTREVISTAS Ultimas noticias
Redondela entrega el Premio Sesé Mateo denunciando la «normalización de la cultura de la violación»
NOTAS DE PRENSA y ENTREVISTASNOTAS DE PRENSA y ENTREVISTAS Ultimas noticias
«Todas as veces que foron un non» se lleva el V Premio Sesé Mateo de Periodismo Ético
NOTAS DE PRENSA y ENTREVISTASNOTAS DE PRENSA y ENTREVISTAS Ultimas noticias
Cláudia Morán, Marta Otero e Marta Veiga, premio Sesé Mateo de xornalismo ético por unha reportaxe en Luzes sobre violencia machista
NOTAS DE PRENSA y ENTREVISTASNOTAS DE PRENSA y ENTREVISTAS Ultimas noticias
Redondela recuerda a Sesé Mateo con el periodismo ético
NOTAS DE PRENSA y ENTREVISTASNOTAS DE PRENSA y ENTREVISTAS Ultimas noticias
Laura de Grado y Macarena Baena, de Efeminista, ganan el Sesé Mateo de Periodismo Ético
NOTAS DE PRENSA y ENTREVISTASNOTAS DE PRENSA y ENTREVISTAS Ultimas noticias
Redes sociais
ContactO
sese@sesemateo.es





