Premio Sesé Mateo
de Xornalismo Ético no tratamento da violencia machista
Uns premios contra as violencias machistas
A figura de Sesé Mateo inspira á Familia Mateo e ao Concello de Redondela a crear estes premios, que buscan un cambio real na forma de comunicar a violencia de xénero: desde un enfoque crítico, responsable e comprometido coa sociedade.
Aínda queda moito por mellorar no ámbito xornalístico respecto ao tratamento da violencia, especialmente no que atinxe ás violencias exercidas contra as mulleres e a infancia.
Por iso, estes premios recoñecen ás e aos profesionais da comunicación que realizan un tratamento ético, rigoroso e con perspectiva de xénero da violencia machista.
Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético
Queremos premiar a profesionalización, a ética e o compromiso coa transformación social desde os medios de comunicación.
Por que este premio?
A forma de contar as historias pode marcar a diferenza entre reproducir estereotipos ou impulsar o cambio social.
Este premio nace para recoñecer a quen aposta por informar con rigor, perspectiva de xénero e responsabilidade.
A quen vai dirixido?
Documentación
I Edición do Premio Sesé Mateo | 2021
Patricia Costa Grande – 1ª galardoada
Con unha reportaxe que analiza os protocolos policiais empregados para medir o risco das superviventes de violencia de xénero e ata que punto estas ferramentas resultan eficaces na súa protección. O traballo examina o control exercido sobre o agresor e o funcionamento do sistema VioGén, creado no ano 2007.
📌 Reportaxe gañador: VioGén, ¿Qué está fallando?
Un traballo que, con perspectiva de xénero e ética xornalística, aborda un tema especialmente sensible como é a protección das mulleres fronte ás violencias machistas.
Patricia Costa Grande
(Redondela, Pontevedra · 1981)
Doutora en Comunicación pola Universidade de Vigo, Máster en Radio pola Universidade Complutense de Madrid e Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola UVigo. Desenvolveu gran parte da súa traxectoria profesional no ámbito radiofónico e suma máis de 17 anos de experiencia vinculada a Radio Nacional de España.
Os seus traballos xornalísticos recibiron numerosos recoñecementos, entre eles varios Premios Tiflos da ONCE (2013 e 2018), o Premio de Xornalismo Novo sobre Violencia de Xénero do Injuve (2013), o I Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no tratamento da Violencia Machista (2021), o VII Premio de Xornalismo contra a Violencia de Xénero da Fundación Aliados (2022) e o recoñecemento Francisquita, outorgado pola Asociación Francisca de Pedraza no ano 2023.
II Edición do Premio Sesé Mateo | 2022
Cristina García López – 2ª galardoada
Recoñecida polo capítulo Mentres dormes do podcast Superando a ficción, unha peza de carácter profundamente persoal que aborda as violacións por submisión química. A autora contextualiza esta forma de violencia machista a través da experiencia da directora británica Michaela Coel, poñendo o foco na súa invisibilización histórica.
📌 Capítulo premiado: Mentres dormes – Podcast Superando a ficción
Un traballo que comunica con rigor e sensibilidade unha realidade pouco nomeada, contribuíndo á concienciación social e ao avance dunha narrativa responsable nos medios.
Cristina García López
(Ourense · 1977)
Licenciada en Ciencias da Información pola Universidade de Santiago de Compostela, é unha xornalista galega cunha traxectoria consolidada no medio audiovisual e radiofónico. Iniciou a súa carreira profesional na TVG no ano 2000 no programa conducido por Ana Kiro e presentou durante oito tempadas o espazo A tarde na Radio Galega.
Actualmente é coordinadora de diversos formatos na mesma emisora e presentadora, xunto a Kiko Novoa e Marcos Pereiro, do programa Galicia por Diante. A súa carreira destaca pola súa capacidade para comunicar con rigor e proximidade temas sociais de gran impacto, sempre co compromiso ético que caracteriza a súa práctica xornalística.
III Edición do Premio Sesé Mateo | 2023
Ana G. Liste – 3ª galardoada
Galardoada por un traballo que denuncia a falta de recursos e os fallos do sistema de protección ás vítimas de violencia machista, poñendo especial atención ao seguimento policial e aos dispositivos de control telemático. O xurado destacou a forza dos testemuños e o enfoque humano da reportaxe.
📌 Artigo premiado:
A orde de afastamento sen pulseira non vale: a vida das 151 mulleres no seguimento por violencia machista en Galicia
Unha peza que visibiliza as carencias estruturais do sistema e sitúa no centro as voces das mulleres superviventes.
Ana G. Liste
(Vigo · 1990)
Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, conta cun Máster pola Universitat de Barcelona e pola Columbia Journalism School. Iniciou a súa traxectoria na radio e no xornal universitarios da Facultade de Ciencias da Información e pertence á asociación Xornalistas Galegas.
Ao longo da súa carreira profesional traballou en medios como Faro de Vigo, El País (redacción de Barcelona), a axencia Europa Press, a revista de cultura galega Inorantes e o xornal Nós Diario. Colabora habitualmente con Luzes, La Marea e VINTE, e na actualidade desenvolve o seu labor xornalístico en Praza Pública. Forma parte da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
IV Edición do Premio Sesé Mateo | 2024
Macarena Baena e Laura de Grado – 4ª galardoadas
Recoñecidas polo artigo Desprotegidas. A realidade das mulleres migrantes vítimas de violencia de xénero en España, unha investigación que dá voz a mulleres migrantes en situación administrativa irregular, abordando a violencia machista desde unha perspectiva interseccional.
📌 Artigo premiado: Desprotegidas. La realidad de las mujeres migrantes víctimas de violencia de género en España
Un traballo de efeminista.com que destaca polo respecto, a profundidade e o compromiso ético, facendo visibles realidades frecuentemente silenciadas nos medios de comunicación.
Macarena Baena
Xornalista especializada en feminismo e violencias machistas. Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, desenvolveu máis de tres décadas de traxectoria profesional na Axencia EFE, onde desde 2020 dirixe Efeminista, o proxecto multimedia de igualdade da axencia, centrado na defensa dos dereitos humanos de mulleres e nenas e na loita contra as violencias machistas.
Entre 2011 e 2019 traballou na sección de Sociedade, coordinando información sobre sanidade, educación, medios de comunicación e asuntos sociais, con especial atención ás cuestións relacionadas coa muller e a igualdade. Ao longo da súa carreira recibiu numerosos recoñecementos polo seu compromiso cun xornalismo con perspectiva de xénero.
Laura de Grado
(Burgos · 1996)
Xornalista especializada en dereitos humanos, perspectiva de xénero e migracións. Forma parte da redacción de Efeminista, o proxecto multimedia de igualdade da Axencia EFE, onde aborda as diversas manifestacións da violencia machista e outras cuestións sociais desde unha perspectiva informativa, pedagóxica e accesible. É tamén coautora dunha Guía de comunicación feminista que serve de ferramenta para mediar con rigor e ética en discursos e contidos comunicativos.
O seu traballo recibiu recoñecementos por proxectar valores civís, sociais e de igualdade no xornalismo, entre eles o IV Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético (2024), que compartiu con Macarena Baena, polo reportaxe Desprotegidas. A realidade de las mujeres migrantes víctimas de violencia de género en España, un traballo multimedia que combina textos, fotos e infografías para visibilizar a vulnerabilidade das mulleres superviventes.
V Edición do Premio Sesé Mateo | 2025
Cláudia Morán, Marta Veiga y Marta Otero – 5ª galardoadas
Galardoadas por unha reportaxe que analiza a violencia machista desde unha perspectiva estrutural, poñendo o foco na cultura da violación e no impacto físico, psicolóxico e social destas violencias sobre as mulleres. A peza reúne diferentes testemuños e cuestiona os discursos que normalizan a violencia sexual.
📌 Reportaxe gañador: Todas as veces que foron un non
Un traballo publicado en Luzes que destaca polo seu rigor, sensibilidade e clara perspectiva de xénero, contribuíndo á reflexión social e ao cambio de mirada desde os medios.
Cláudia Morán
(A Coruña · 1990)
Xornalista e comunicadora. Compaxina o seu traballo en comunicación corporativa con colaboracións en medios como Nós Diario, O Salto Galiza, La Marea e a Revista Luzes. Iniciou a súa traxectoria profesional nas ondas en COPE Barcelona e Radio Coruña–Cadena SER e, en prensa escrita, na delegación da Axencia EFE en Bruxelas e en La Voz de Galicia.
Forma parte do colectivo Xornalistas Galegas, que traballa pola defensa dun xornalismo con perspectiva de xénero, así como do proxecto multiplataforma Habitar o baleiro, centrado na reflexión crítica e cultural desde diferentes formatos comunicativos.
Marta Veiga
(Cantabria · 1978)
Doutora en Estudos Culturais, licenciada en Xornalismo e máster en Servizos Culturais pola Universidade de Santiago de Compostela. É profesora no Departamento de Ciencias da Comunicación do Campus de Lugo da USC e conta con máis de 25 anos de experiencia como xornalista en medios como El Progreso, Luzes, Diario de Pontevedra e, desde 2019, como freelance.
A súa investigación céntrase na pervivencia das culturas tradicionais e campesiñas nas narrativas da contemporaneidade. Desde 2019 encárgase tamén das tarefas de divulgación e comunicación do grupo de Innovación Docente XuvenCiencia do Campus de Lugo da USC.
Marta Otero
(A Coruña · 1997)
Graduada en Xornalismo, desenvolve a súa actividade profesional no diario La Opinión de A Coruña, nas seccións de local e cultura, con especial interese no xornalismo social e nos procesos de rexeneración urbana.
É integrante do Comité de Redacción da Revista Luzes e colaboradora de Radio Coruña–Cadena SER, onde participa na análise e divulgación de contidos de actualidade desde unha perspectiva crítica e social.
ÚLTIMAS NOVAS
Un libro recolle os versos inéditos de Sesé Mateo, vítima mortal da violencia machista
NO CAMIÑO DO VENTO Un libro que, ademais, converteuse unha ferramenta moi útil para os seus achegados, os que mais choran a súa ausencia. Un asasinato machista acabou coa vida de Sesé, cando a súa ex-parella fixo estourar dúas bombonas de butano na súa casa de...
Sesé aún no dijo la última palabra
Sesé aún no dijo la última palabra María José Mateo fue asesinada en 2017 por su expareja, que provocó un incendio en su casa. Entre las llamas sobrevivió un cuaderno de poemas feministas.Por MANUEL JABOIS ENLACE NOTICIA
A familia e amigos da falecida «Sesé» Mateo preparan un libro cos seus textos e poemas
A familia e amigos da falecida «Sesé» Mateo preparan un libro cos seus textos e poemas
La fecunda herencia de Sesé Mateo
Han pasado dos años, hemos descubierto a una madre maravillosa pero también a una apasionada lectora y escritora gracias a un cuaderno de tapas rojas que se libró de las llamas que demolieron su hogar. Con el material de esa libreta, la participación de sus hijos y algunas mujeres de la cultura gallega viene de publicarse el libro “No camiño do vento” que se puede comprar en www.sesemateo.es o en las presentaciones que estos días se realizan en distintas localidad; cuesta 10 euros que son donados a la Fundación Mujeres, que los destinará a los huérfanos por violencia machista a través del Fondo de Becas Soledad Cazorla Prieto.
Sesé Mateo: a palabra que resiste a morte
Sesé Mateo: a palabra que resiste a morte "Invito a vivir. Vivamos”. É o título que encabeza un dos primeiros poemas de No camiño do vento, o libro que recolle os poemas de Sesé Mateo. A súa autora non chegou a velos publicados. Foron os seus fillos e amizades quen...
Mujeres tenían que ser: María José Sesé Mateo
Mujeres tenían que ser: Sesé Mateo García Nacida en Chapela (Redondela-Pontevedra) en 1965, Sesé no entendía la vida sin el compromiso contra las desigualdades sociales. Un cáncer de mama puso a prueba la fortaleza de Sesé. Lo vencería pero poco pudo hacer para evitar...
Redes sociais
ContactO
sese@sesemateo.es

